[Tradutores-Ubuntu] Engadir traducións novas á distribución instalada
Felipe Gil Castiñeira
felipexil at gmail.com
Thu Jun 15 23:45:48 BST 2006
Ola a todo o mundo,
Desde hai unha semana pódese ter actualizado Ubuntu coas traducións
feitas día a día. Para iso hai que engadir en "/etc/apt/sources.list"
unha das seguintes fontes (según a versión de Ubuntu instalada):
deb http://people.ubuntu.com/~pitti/langpacks/daily/hoary-updates
<http://people.ubuntu.com/%7Epitti/langpacks/daily/hoary-updates> ./
deb http://people.ubuntu.com/~pitti/langpacks/daily/breezy-updates
<http://people.ubuntu.com/%7Epitti/langpacks/daily/breezy-updates> ./
deb http://people.ubuntu.com/~pitti/langpacks/daily/dapper-updates
<http://people.ubuntu.com/%7Epitti/langpacks/daily/dapper-updates> ./
Ademáis de para estar "á última", isto pode servir para detectar erros
nas traducións antes de que publiquen o "paquete de idiomas" de forma
oficial (nun futuro próximo, cada primeiro luns do mes).
Un saúdo.
Felipe.
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list