[Tradutores-Ubuntu] Pertenza ao grupo de tradución

Felipe Gil Castiñeira felipexil at gmail.com
Mon Feb 26 10:34:59 GMT 2007


Ola a todos,

A maioría dos grupos de tradución de Ubuntu están restrinxindo a
pertenza ao grupo a aquelas persoas que realicen traducións (correctas),
deixándolle ao resto a posibilidade de facer suxestións.

Ata agora no noso grupo estábase renovando a pertenza de forma
automática. Seguindo as políticas dos outros grupos, o  procedemento
cando a alguén lle caduque a conta pasa a ser o seguinte:

   1. Colaborar activamente na tradución de cadeas.
   2. Mandar un correo á lista solicitando a reactivación.

Despois de comprobar que efectivamente se realizan traducións sen
incorreccións, reactivarase a conta. *¿Opinións?*


Un saúdo.
    Felipe.


P.S.: Como indicaba no correo anterior, que tamén mandei a "trasno" e a
"mancomún", ao longo desta semana vaise poder traducir "Ubuntu Feisty".

P.S (2): Está activa unha nova versión de launchpad en
https://beta.launchpad.net (mellorou moito gráficamente).  Polo momento
só se pode usar uníndose ao grupo de "beta testers".



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list