[Tradutores-Ubuntu] ubuntu en galego: LoCo Team
damufo
damufo at gmail.com
Thu Jun 5 16:51:05 BST 2008
suso.baleato at xunta.es escribiu:
> Felipe Gil Castiñeira escrebeu:
>> suso.baleato at xunta.es wrote:
>>> Felipe Gil Castiñeira escrebeu:
>>>
>>>> Persoalmente gústame máis esta última opción. Se desde Mancomún nos
>>>> poden proporcionar a infraestrutura perfecto (un servidor virtual
>>>> estaría ben ;-) ).
>>>>
>>> Dacordo, imos estudar esa posibilidade entón; como aínda temos uns meses
>>> por diante até que se incorpore o/a lingüísta, podemos xestionar isto
>>> sin que sexa urxente non?
>>>
>>> Saúdos,
>>>
>>>
>> Ben, ao final o sistema funciona ao revés: hai que montar as
>> infraestruturas, presentar a candidatura para ser aprobado como "LoCo
>> Team" oficial e agardar a que se reúna a comisión para que comproben que
>> todo está "correcto".
>>
>> Agora veñen as preguntas:
>>
>> * Suso e comunidade: araOS e Ubuntu-Galiza ¿deben ser equivalentes?
>> o No caso no que a resposta sexa "non": ¿hai algún problema en
>> que teñan o soporte, espazo para a comunidade, etc. no mesmo
>> sitio?
>
> A ver si consigo respostalas e de paso aclaro as ideas, cunha frase sobre
> cada unhas das dúas cousas:
>
> - O araOS é un proxecto de desenvolvemento de Mancomún; posto que o
> primeiro prototipo está a desenvolverse sobre Ubuntu, Mancomún puxo en
> común o proxecto coa comunidade galega de Ubuntu. A comunidade galega
> de Ubuntu está a participar no desenvolvemento dando ideas, probando o
> invento...
>
> - Ubuntu-Galiza é un grupo de personas voluntarias de Ubuntu. Como a
> comunidade Ubuntu-Galiza está interesada en promover o uso da súa
> distro, están axudando aos de Mancomun co desenvolvemto do araOS.
> Ademais é unha comunidade moi activa, que está plantexándose montar un
> LoCo Team. Como a posta en marcha do LoCo team require
> infraestructuras, dende Mancomún ofreceron compartir as súas.
>
> Mancomún é un grupo, Ubuntu-Galiza é outro grupo, e araOS é un proxecto
> de desenvolvemento de Mancomún no que participa Ubuntu-Galiza.
>
> Por tanto, a resposta á primeira pregunta sería que araOS e Ubuntu-Galiza
> son cousas distintas e a resposta á segunda que non hai ningún problema
> en compartir recursos.
>
>
>
>> * Suso: Ubuntu ten a infraestrutura para wiki, web convencional,
>> foros, IRC e listas de correo:
>> o ¿Creamos as equivalentes no sitio que se vai montar ou
>> sacamos proveito dalgunha delas? (persoalmente creo que a
>> wiki, web e foros debían ir na "nosa" plataforma, e o IRC en
>> freenode. As dúbidas éntranme coa lista de correo).
>>
>
> Na miña opinión, se Ubuntu pode fornecer eses recursos deberíamos
> comezar por empregar os recursos da propria comunidade Ubuntu xa que iso
> axudará a que nos integremos mellor e que sexamos máis aceitados -e así
> evitamos problemas como os que tivemos con Mozilla por exemplo-; e que
> se utilicen os recursos de mancomún cando os de Ubuntu non sexan
> suficientes ou simplemente cando conveña. É a miña opinión, claro.
Paréceme acertado. Concordo.
>
>> E agoa a gran pregunta que me empeza a proer e á que lle espero poder
>> dar resposta: ¿que vantaxes supón ser un LoCo Team oficial?
>>
>
> Pois eu entendo que ser un LoCo Team oficial supón básicamente unha
> maior capacidade de interlocución ante Canonical, pois non hai que
> esquecer que detrás de Ubuntu hai unha empresa, pero que detrás desa
> empresa hai unha comunidade. É importante que sexamos quen de
> visibilizar a comunidade galega pensando en que no futuro poderíamos ter
> que demostrar que existimos e que levamos traballando tempo, pois iso
> sucedeu fai nada con Mozilla... depois de cinco anos!!
>
>> Un saúdo.
>> Felipe.
>>
>> --
>> Ubuntu-l10n-gl mailing list
>> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
>> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list