[Tradutores-Ubuntu] Política do grupo

Felipe Gil Castiñeira felipexil at gmail.com
Sat Mar 14 12:04:10 GMT 2009


*Política de acceso*

    Temía que o que acaba de pasar coas traducirás do KDE fose cuestión
    de tempo debido ao funcionamento todo/nada de Launchpad. Ata agora a
    política do grupo foi realmente simple:

        * Solicitude de alta: Pido que o candidato/a faga unhas cantas
          "suxestións". Se estas son correctas dou de alta o novo usuario/a
        * Renovación:  Tense que pedir explícitamente. Fago unha
          revisión das traducións e se non hai cousas estrañas, aprobo a
          renovación.

    No grupo de tradución ao español teñen un sistema de votacións: os
    novos candidatos teñen que facer unha boa cantidade de traducións,
    presentar a candidatura para entrar e logo precísase unha certa
    porcentaxe de votos positivos para ser aceptado.

    Podemos aplicar un sistema parecido, pero é preciso que todo o mundo
    se comprometa a avaliar os novos candidatos. ¿Que opinades?

*Revisión
*

    Non existe un sistema de revisión como tal. Podemos crear un grupo
    cos máis experimentados que realicen revisións e cando detecten
    algún erro o comenten na lista cun obxectivo dobre: a) corrixir os
    erros b) ir formando aos máis novos (non só en "idioma", senón en
    estilo, etc.)

    O problema con isto é que somos poucos e que Launchpad non
    implementa un sistema para levar o control das revisións. Se hai
    voluntarios para formar o corpo dos revisores, pódome encargar de
    montar a infrastrutura para que o traballo sexa o máis eficiente
    posible.

Agardo as vosas respostas

Un saúdo!
     Felipe.







More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list