[Tradutores-Ubuntu] axuda
Román
roman.pena.perez at gmail.com
Sat Oct 24 01:29:02 BST 2009
2009/10/23 Antón Méixome <certima at certima.net>:
> Si, a idea é a "tabulación que encabeza, que lidera"
>
> Mestra?
> Polo menos así a traduciu Nacho en Gnome
>
Caín da burra (vaia coma descargo que non tiña o abiword diante O:-).
Supoño que no contexto no que aparece a cadea, enténdese ben se di,
simplemente, "principal", "mestra" ou algún outro equivalente. Culpa
miña; estou de acordo con calquera das traduccións propostas.
2009/10/23 José Manuel Castroagudín Silva <chavescesures at gmail.com>:
> (offtopic)
>
> Acabo de instalar Abiword (2.6.8, en Debian) e quedei flipado. Aúltima vez
> que o vira, Abiword non era practicamente nada. Agora ten algunhas cousas
> que da gloria velas. O menú de Ferramentas ten unha pinta caralluda, moito
> máis alá do que se esperaría dun procesador de textos. O menú de
> "Collaborate", promete.. (non fun quen de que funcionara, pero se é o que
> parece, é unha auténtica marabilla. Podes empregar unha conta de jabber para
> ter "documentos compartidos"...)
>
> Miña nai, parece que vai ser mellor que revise os programas que uso, e
> botarlle un ollo a todas as alternativas. A saber o que me estou a perder,
> jejeje...
>
> (/offtopic)
>
(offtopic)
Eu tamén teño ganas de fedellar nel. Habitualmente uso o ooffice v.2,
e me resulta bastante pesado. Se me convence, pode que renuncie ó
ooffice para o traballo de diario (aínda que teño pendente darlle unha
oportunidade coa versión 3, a ver que tal vai).
(/offtopic)
Saúdos a todos.
Román
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list